jueves, 27 de marzo de 2014

O vó de Speir



Hai xa uns anos escribín este conto para acompañar unhas fotos aereas de un compañeiro sobre a costa de Lugo. 

Hoxe o recupero para vos. Está distribuido tal cual ía, por páxinas sobre as fotos, que hoxe quedan ao voso libre maxín.

O vó de Speir

1
Conta a lenda que hai anos,
din que moitos,
a Farraix, o mar,
deulle por roubar unha illa.

2
O que non di a historia
e porqué.

3
Din que antes de que os homes
esqueceran o respecto que debían
ao mar, ao vento e a terra;
os deuses celtas velaban por eles
e tamén loitaban polo seu dominio

5
Querían as alas do xove Speir, o vento,
a obediencia de Talamn, a terra
e dominar ao rebelde Farraix.

6
De entre todos os deuses,
dous encapricháronse
polas illas da zona
especialmente por unha:
a illa de San Cibrao.

7
Dun lado estaba Lugh.
O deus branco.
O deus paxaro.
O deus bo.
O deus que lle dera o nome a terra
e o mar polo que loitaban.

8
Do outro lado estaba Balar, o seu avó.
O deus da ollada mortal
O fillo dos xigantes formoré que habitaban as illas.
O torvo, o cruel deus Balar.

9
Lugh quería que o seu reinado se estendera
por terra, mar e aire.

10
Balar quería un fogar para os seus desposuídos xigantes.

11
Os dous querían aquelas illas.

12
E as costas

13
E o vento e as gaivotas

14
Os dous querían a obediencia de Farraix.

15
Farraix.
Violento e calmo.
Xoven e vello.
Fermoso e terrible.
Eterno e voluble.
Farraix, o mar.

16
Contan as vellas historias
que Balar tratou de ameazalo.

17
E que Lugh lle recordou o seu
pacto de obediencia.

18
Pero estas historias tamén contan
que Farraix, farto de ceder as súas posesións,
decidiu enganar os dous vellos deuses.

19
A costa pola que pelexaban
estaba vixiada por moitas pequenas illas


20
apenas pequenas rochas unhas,
mais grandes outras,
todas insignificantes
ao lado da impoñente San Cibrao.

21
Farraix aproveitou a noite e roubou a illa

22
e quixo facer coma se nunca houbese existido,

23
quixo que os deuses esquecesen a súa illa

24
quixo embriagalos coa beleza

25
quixo que a vista daquel pequeno paraíso
os confundise para sempre.

26
Dende entón, o mar troca de forma
nas costas da Mariña.

27
E fai mil trucos:

28
Xoga a ser invisible baixo a area
para que non o atopen...

29
Enrúgase coma un vello
para infundir respecto...

30
Convértese nun espello
para que os deuses so o vexan
coma un reflexo de si mesmos...

31
Píntase de mil cores...

32
Os azuis. Dende o brutal índigo
ao gulusmeiro celeste para
confundirse co ceo.

33

Os Verdes e aguamariñas con años de escuma,
para fundirse coa terra.

34
A lenda tamén conta que,
durante anos, o mar conseguiu o seu obxectivo,


35
e que Lugh e Balar se esqueceron
da illa de San Cibrao
coma tamén o fixeron os homes.

36
O que non se esqueceron foi de loitar.
e Lugh matou a Balar
pelexando por outras terras,
por outras illas...

37
E pasou o tempo.

38
E só Speir, o vento,
de entre todos os deuses segue
a visitar estas costas.

40
Porque Lugh desconfía de Farraix
e o envía, pensan algúns

41
Para voar sobre a maxia de Farraix,
e encubrir a súa travesura, din outros.

42
Porque, ao fondo, todos saben
incluído Lugh,
que vento e mar van da man,
sobre todo nas brincadeiras.

43

E a Lugh encántalle.

1 comentario: